
Modelado 3D
Xeramos toda a documentación para o teu proxecto. Dende modelos 3D esquemáticos ata modelos de xeometría complexa e gran detalle para a revisión de deseños, integración noutros modelos, renderizados e elaboración de infomación técnica e comercial. Incluíndo planos de fabricación, montaxe e despeces dos deseños. Nos basamos en dous modelos de xeración de deseños CAD 3D e a súa combinación para obter o mellor resultado:
Modelado paramétrico para o deseño de equipos industriais, compoñentes técnicos de productos, maquinaria, desenrrollos de chapa, estruturas e instalacións.
Modelado de formas libres para o deseño de produto con liñas estéticas máis coidadas, superficies complexas, formas orgánicas e ergonómicas.
Se xa partes dunha nube de puntos, un malla poligonal ou planos CAD 2D e queres transformar un deseño, tamén obtemos modelos sólidos ou de superficie a partir destes datos. Ademáis, unha nube de puntos ou unha malla son bos puntos de partirda para realizar unha enxeñaría inversa, xerando novos deseños e produtos. Se queres saber máis, podes consultar o noso servizo de escaneado.