Servizo de deseño industrial

Cremos na transformación de ideas en produtos atractivos e funcionais, estamos orientados ao deseño para innovacións e novas solucións personalizadas para a creación dun produto físico.

Que é o deseño industrial?

O deseño industrial é o desenvolvemento de novos produtos orientada á súa fabricación, buscando o mellor equilibrio entre deseño e técnica para acadar resultados que destaquen pola súa estética e funcionalidade.

Integramos procesos de fabricación e desenvolvemento tradicional coas novas tecnoloxías do mercado, para buscar a solución que mellor se adapte a cada proxecto. Combinamos enxeñería e deseño para ofrecer máis valor aos teus productos e mellorar a experiencia do usuario na súa interacción con eles.

Ao longo do desenvolvemento temos en conta factores vinculados ao deseño como a estética, a ergonomía ou os materiais, e factores relacionados coa enxeñaría, como a resistencia dos materiais, os procesos de fabricación e os seus custos.

Tanto se estás buscando lanzar o teu proxecto co Producto Mínimo Viable (PMV) para a validación, como se o teu obxectivo é a fabricación de lotes curtos e a industrialización da túa idea, esta é a solución máis axeitada para iniciar o teu proxecto.

Fase conceptual

Analizamos contigo a lista de necesidades ou requisitos para esbozar propostas de deseño e validar a liña de traballo para crear os primeiros modelos e renders 3D. Este primeiro paso proporciona unha visión concreta de como se vai materializar o produto, coñeceremos dimensións, aspecto dos acabados e modos de funcionamento ou uso antes de fabricar un prototipo.

Fase conceptual de diseño industrial
Renderizado diseño de un mueble

Fase de detalle

Coa validación do deseño e segundo os lotes de produtos a fabricar, realizamos un desenvolvemento detallado, dirixindo cada compoñente ao proceso de fabricación que mellor se adapte aos prazos, requisitos funcionais, estéticos e económicos.

Fase de proba e avaliación

Os modelos 3D que creamos permítennos realizar simulacións de comportamento mecánico e utilizámolos para fabricar prototipos cos que analizar en detalle a estética e usabilidade do produto. Estas primeiras unidades utilízanse para comprobar o correcto funcionamento, corrixir aspectos do deseño ou estudar a recepción por parte do usuario final.

analisis-resistencia-elementos-finitos

Proyecto de diseño industrial

Gama de macetas multifunción

Que deseño fixemos?

Deseño dunha liña de macetas con estética minimalista e dobre funcionalidade. Un produto pensado para o seu uso no chan ou para ser colgado na parede sen accesorios, dándolle ao usuario versatilidade á hora de deseñar a súa casa e combinar tamaños e cores.

Aplicador de gotas oftálmicas

Que necesitaba o noso cliente?

Deseño dun novo sistema de aplicación de envases e gotas para o sector farmacéutico que facilite a autoadministración de forma segura e eficiente, minimizando os residuos durante a administración do produto. Ofrece unha solución ao crecente número de pacientes anciáns que deben autoadministrarse medicamentos líquidos para o coidado ocular e requiren un método simplificado e seguro.

diseño ensamblaje de producto

Servizos de enxeñaría relacionados

gl_ESGL