Carlos Martín, director de Einga, foi premiado no concurso internacional de deseño “Bormioli Pharma Ophthalmic Delivery Design”, pola sua proposta dun modelo de envase farmacéutico innovador que facilita novas maneiras de aplicación de gotas oftálmicas.

 

Aconvocatoria foi lanzada pola empresa de packaging para a saúde Bormioli Pharma, co apoio da plataforma creativa Desall. En total participaron 109 proxectos de 28 países. Os principais criterios de avaliación do deseño de producto son: o nivel de innovación, a funcionalidade e a viabilidade técnica para a fabricación do envase.

 

O deseño realizado por Carlos supón unha revolución no xeito de aplicación de gotas nos ollos. O produto, bautizado como OpenEye, facilita a autoadministración, simplificando o proceso e reducindo o desperdicio de medicamentos. Este produto está especialmente deseñado para persoas que deben administrar as gotas con frecuencia. É ideal para pacientes de avanzada idade our que poidan ter problemas de mobilidade, tremores ou sensacións desagradables por ter que tocarse o ollo.

 

A clave deste envase, que o fai totalmente diferente das solucións actuais, é a optimización do concepto de aplicar gotas cunha soa man e sen ter que ter contacto directo co ollo. Para realizar este deseño minimalista e ergonómico foi de gran axuda o uso das ferramentas que dispón Eingal para modelado e prototipado rápido mediante impresión 3D. Isto permite que o proceso de deseño sexa iterativo e avaliable fisicamente en moi pouco tempo.

 

 

Esperamos ver este produto en circulación pronto! e que moitas persoas poidan beneficiarse desta innovación.

gl_ESGL