O pasado mes de novembro presentouse no CPHI Frankfurt 2022 o prototipo do produto OpenEye feito para Bormioli Pharma a través da plataforma creativa de Desall.

OpenEye é o resultado do deseño realizado por Carlos Martín e que foi seleccionado como gañador do concurso internacional de deseño "Bormioli Pharma Ophthalmic Delivery Design”. 

O proxecto OpenEye é unha innovación que ofrece unha nova maneira de aplicar colirios. Este produto é un aplicador de gotas para os ollos, que facilita a autoadministración de forma segura e eficiente, minimizando o desperdicio durante a administración do medicamento. Proporciona unha solución ó crecente número de pacientes de avanzada idade que deben autoadministrarse medicamentos líquidos para o coidado ocular e requiren un método simplificado e seguro.

 

Convidámosvos a ver no video desta publicación a innovación deseñada para dispor de novas formas de aplicación de tratamentos oculares.

gl_ESGL